Buscar

Andy da Fonte

POESÍA | FOTOGRAFÍA | XORNALISMO

Categoría

Efémera eternidade

Eles tamén laian

El tamén laia.

IMG_20171104_162137PSX_20190609_223304

El, sen acubillo, permanentemente encadeado,  «adestrado» con violencia. É culpábel dalgún dano?PSX_20180112_153459IMG_5320Eles, que tan inocentes queren, merecen o maltrato?

Infancias na pobreza

Foi aos meus 13 anos, cando cursaba Investigación e Tratamento da Información en 1º da ESO, cando decidín facer un dos meus traballos, neste caso unha pequena reportaxe (que me gustaría recuperar) sobre a situación de pobreza na miña comarca, O Barbanza.

Moi emocionada con esta encomenda levei a cabo unha investigación bastante meticulosa en datos e realicei unha pequena entrevista e reportaxe fotográfica aos habitantes da zona de chabolas d’A Conlleira, Riveira, zona onde centrei o meu traballo, tentando denunciar as condicións nas que están e facendo fincapé sobre todo na grande cantidade de nenas e nenos que alí viven.

Hoxe, comparto convosco esas imaxes, que aínda perdendo valor ao non poder compartir o texto que as acompañaba, quería que quedasen ben presentes neste blogue e nas meniñas de quen as visualice.

Isto está ocorrendo moi preto de nós! Nas nosas propias vilas! Lonxe do que ás veces pensamos, non é necesario viaxar a lugares que consideramos en principio en peores condicións sociais para velo.

 

Un saúdo a todas.

Labirinto dos meus pálpitos

Salgada auga que prófuga fuxes do meu mar interno… Tenra gota de espírito que ceibe me percorres a pel… Doce luz que me meces e elevas na penumbra… Mesta cúpula d’aurora que de néboa tingues a miña sombra… Deixemos de existir.

Crea un sitio web o blog en WordPress.com

Subir ↑