31 de maio.
Lonxe do que ás veses nos atrevemos a admitir, que recoñezan o teu traballo é sempre algo incríbel e fondamente importante.
E ás veses, coma por exemplo no cénit da forte crise que veño de pasar e que abrangueu completamente a miña vida, convértese nunha nave de salvamento,
nun pulo de enerxía de indubidábel relevancia e que che enche de ghanas de seghir.
O poema que encabeza a composición gañadora e que no acto compartín co público, marcou un cambio TOTAL na miña escrita, na miña concepción da creación propia, e en min. Isto xeroume ao comezo moitísima inseguridade, pois non me cabía imaxinarme que alguén máis puidera somerxerse no que é, posíbelmente, o meu traballo máis íntimo.
O que confía ao oínte situacións que xamais verbalizara. E que para colmo eu cría MOI pobre estilísticamente.
Por todo isto e máis, síntome súper agradecida, foi unha enorme sorpresa que me premiaran esa obra e é unha marabilla sentirse tan acollida e compartilo con persoas así.E que aínda en pleno estado de emoción e acabada de baixar do escenario recibira a chamada na que me comunicaron que resultei premiada tamén no Certame da Fundación Rosalía de Castro coido que foi o que me deu hoxe os folgos definitivos cara a vida. MOITÍSIMAS GRAZAS.